O Concello de Arbo aprobou por unanimidade unha declaración de agradecemento aos veciños de Angrois onde se recolle o texto que o académico Ferro Ruibal publicou neste Portal como homenaxe ás persoas que colaboraron axudando as vítimas do accidente na noite do 24 de xullo de 2013 en Santiago de Compostela.
O pleno deste municipio miñoto acordou convidar os representantes de Angrois a visitar Arbo, onde recibirán un recordo conmemorativo.
Polo seu interese e actualidade, lembramos esta colaboración do profesor Ferro.