Día de Rosalía no Portal

A Fundación Rosalía de Castro puxo en marcha, desde hai anos, unha proposta culinaria para o aniversario do nacemento de Rosalía consistente na preparación do “Caldo de Gloria”. Esta iniciativa está inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata como unha muller pobre, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote.

Nós cociñar non podemos, mais para celebrarmos o Día de Rosalía desde o Portal das Palabras preparamos unha serie de contidos que ela nos inspirou ao longo do tempo, inda que non temos a súa mestría coas palabras, claro. Se vos interesa algún, reunímolos na seguinte ligazón:

https://portaldaspalabras.gal/etiquetas/dia-de-rosalia

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir