ángulo
Audio 1

ángulo substantivo masculino1 Matemáticas Rexión dun plano limitada por dúas liñas rectas que parten dun mesmo punto. Os ángulos mídense en graos.2 Parte saínte ou entrante que forman dúas liñas en dúas superficies que se cortan. Fixado nun ángulo do edificio, un rótulo de neon anunciaba o espectáculo. SINÓNIMO esquina3 por extensión Zona máis próxima ao punto onde se cortan dúas liñas ou dúas superficies. Nun ángulo do salón ardía unha vella estufa de leña. SINÓNIMOS curruncho, esquina, recanto Centrou o balón desde o ángulo dereito do ataque. SINÓNIMO esquina4 figurado Aspecto desde o que se considera un asunto. Consideraremos a cuestión desde outro ángulo. SINÓNIMO punto de vista FRASES E EXPRESIÓNS CON ángulo Ángulo agudo O que ten menos de 90 graos. O triángulo acutángulo ten tres ángulos agudos. Ángulo central Ángulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia. Calcula a medida do ángulo central dun triángulo. Ángulo complementario Aquel que sumado a outro forma un ángulo recto. Mide este ángulo e calcula o seu ángulo complementario. Ángulo de incidencia Ángulo que forma un raio, unha onda ou un corpo coa normal no punto de contacto nunha superficie. O valor do ángulo de incidencia é igual ao do ángulo de reflexión. Ángulo de reflexión Ángulo que forma un raio, unha onda ou un corpo elástico coa normal da superficie sobre a que inciden cando se apartan dela. Denominaremos ‘r’ o ángulo de reflexión. Ángulo de refracción Ángulo que forma un raio refractado e a normal da superficie refractaria, no punto de incidencia. Cando a luz para a un medio máis denso, o ángulo de refracción é menor ca o de incidencia. Ángulo límite Valor do ángulo de incidencia da luz por encima do cal non se produce refracción e a reflexión é total. O ángulo límite tamén se coñece como reflexión interna total. Ángulo morto Zona do campo visual na que a visión queda obstruída por algo. Os novos retrovisores tratan de eliminar os ángulos mortos. Ángulo obtuso O que ten máis de 90 graos. O triángulo obtuso ten un ángulo obtuso. Ángulo recto O que ten 90 graos. A parede forma un ángulo recto co teito. Ángulos opostos polo vértice Par de ángulos co vértice común, nos que os lados dun son a prolongación dos lados do outro. Os ángulos opostos polo vértice son iguais. Ángulo suplementario Aquel que sumado a outro forma dous ángulos rectos. Cal é o ángulo suplementario dun de 120º? Ángulo visual Óptica Ángulo formado por dous raios de luz que van desde os puntos extremos dun corpo ao centro do ollo. O ángulo visual úsase para medir a agudeza visual.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!