árbore
Audio 1

árbore substantivo feminino1 Calquera planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura. O carballo, o castiñeiro, a faia ou a sobreira son árbores frondosas.2 figurado Gráfico descritivo que segue a estrutura típica dunha árbore. A árbore da evolución das especies. Fixo a análise sintáctica nunha árbore.3 Mecánica Eixe metálico que transmite ou transforma un movemento. A árbore dun motor diésel transmítelles o movemento aos émbolos.4 Marítimo Poste de madeira ou de ferro, colocado en posición vertical nun barco, que sostén as velas e, nos barcos modernos, as antenas de radio, os focos etc. Unha nave con todas as árbores abertas. SINÓNIMOS mastro, pau FRASES E EXPRESIÓNS CON árbore Árbore de levas Eixe que fai xirar unha ou máis levas, destinado a transmitir o movemento a unha máquina. O motor do coche levaba dobre árbore de levas. Árbore xenealóxica Figura en forma de árbore onde se detallan os nomes dos individuos dunha ou máis familias pertencentes a un tronco común e onde se describen de maneira gráfica as relacións de ascendencia ou descendencia existentes entre eles. A árbore xenealóxica da familia real.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí