índice
Audio 1

índice substantivo masculino1 O segundo dedo da man, entre o polgar e o maior. Leva un anel no índice. Tamén adxectivo masculino Dedo índice. SINÓNIMOS furabolos, mostreiro2 Lista ordenada que vai ao principio ou ao final dun libro, onde aparecen as materias que contén ou os nomes que se citan, con indicación do lugar onde se poden atopar dentro del. Mira no índice as páxinas que abrangue este capítulo. Poida que veña no índice de autores ao final. CONFRÓNTESE táboa3 Aquilo que indica ou pon de manifesto algo. A suba de prezos é índice da baixa produción. CONFRÓNTESE expoñente, sílabo4 Número que serve para expresar a relación entre magnitudes, prezos, cantidades etc. Índice de mortalidade. Índice de prezos ao consumo.5 Matemáticas Indicación, en número ou letra, que serve para caracterizar un signo matemático, químico etc. O índice da raíz cúbica é 3.6 Historia Lista de libros prohibidos pola Igrexa Católica. Aquel investigador descubriu varios índices agachados nun mosteiro. FRASES E EXPRESIÓNS CON índice Índice cefálico Relación entre a anchura e a lonxitude máxima do cranio. O índice cefálico varía dunhas razas a outras.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!