buraco
Audio 1

buraco Para todas as acepcións SINÓNIMOS burato, furaco, furado substantivo masculino1 Abertura que atravesa unha cousa de lado a lado. O buraco dunha agulla. Fixo buracos nas orellas para poñer pendentes. SINÓNIMO furo2 Cavidade nunha superficie de tamaño e profundidade variables. Tapou o buraco con escaiola. SINÓNIMO furo CONFRÓNTESE orificio Caeu nun buraco.3 Cavidade ou desigualdade no pavimento dunha estrada, rúa ou camiño. A rúa está chea de buracos, e necesita un amaño inmediato. Equivalence foio, SINÓNIMOS focha, fochanca, focho CONFRÓNTESE goio4 familiarTumba Todos acaberemos indo para o buraco.5 figurado Momento sen ocupación nun período de actividade. Pódote atender nun buraco que teño entre as dez e as dez e media.6 figurado Falta de algo, especialmente cando se trata de diñeiro. O premio sérveme para tapar algún buraco que teño. Deixou  un buraco enorme nas arcas da Seguridade Social.7 figurado Momento ou fase de decaemento ou depresión. Coa suba do prezo da enerxía, a empresa entrou nun buraco do que non dá saído. Desde que lle morreu a muller case non se alimenta, e está nun buraco perigoso.8 Deporte Pequena cavidade no campo de golf, na que o xogador debe introducir a pelota. O golf ten como obxectivo introducir unha bóla nos buracos que están distribuídos no campo co menor número de golpes.9 Deporte No golf, percorridos entre dous foxos ou buracos. A estratexia prima neste buraco curto, no que se recomenda utilizar un pau medio-curto. FRASES E EXPRESIÓNS CON buraco Buraco negro Astronomía Rexión do espazo da que non pode saír ningunha radiación a causa da intensa forza de atracción producida pola contracción da masa dunha estrela. A posible orixe dos buracos negros é a morte das estrelas por colapso. Saír do buraco Saír dun momento de decaemento ou depresión. A familia e os amigos axudáronlle a saír do buraco.Voz actualizada 2020-11-16 11:40:23 Entrada con nova redacción

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!