ciencia
Audio 1

ciencia substantivo feminino1 Conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar. Descubrimentos e progresos da ciencia.2 Cada un deses sistemas. A física e a lingüística son ciencias con obxectos distintos. SINÓNIMO disciplina3 Conxunto de coñecementos que alguén posúe. A experiencia deulle moita ciencia neste asunto. substantivo feminino plural4 Conxunto das ciencias que se basean fundamentalmente no cálculo e na observación. Facultade de ciencias. Ciencias e letras. FRASES E EXPRESIÓNS CON ciencia A ciencia certa Con certeza absoluta. Eu iso a ciencia certa non o podo asegurar. Ciencia ficción Xénero literario ou cinematográfico que presenta un mundo, uns feitos ou formas de vida imaxinarios pero cientificamente posibles. Unha película, unha novela de ciencia ficción. SINÓNIMO ficción científica Ciencias aplicadas Aquelas en que os resultados científicos están ao servizo da técnica. A medicina forma parte das ciencias aplicadas. Ciencias exactas As que se basean no cálculo. As matemáticas son ciencias exactas. Ciencias experimentais Aquelas ciencias que se basean na experiencia. A física e a química son ciencias experimentais. Ciencias humanas As que teñen por obxecto de estudo o home e a sociedade nos seus distintos aspectos e manifestacións. A antropoloxía pertence ás ciencias humanas. Ciencias naturais As ciencias de observación que estudan a natureza e os seres vivos. A botánica e a zooloxía son exemplos de ciencias naturais. Ciencias ocultas Conxunto de doutrinas e prácticas nas que se fan intervir forzas sobrenaturais. Sempre se interesou polos fenómenos paranormais e as ciencias ocultas.Voz actualizada 2018-03-06 13:41:11 Incluíuse a expresión "a ciencia certa"

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!