febre
Audio 1

febre substantivo feminino1 Elevación da temperatura do organismo, xeralmente como defensa fronte a un axente infeccioso. O neno ten febre. SINÓNIMO quentura2 figurado Paixón intensa, desexo ardente. A febre dos cartos. Entroulle agora a febre de estudar. SINÓNIMO ansia FRASES E EXPRESIÓNS CON febre Febre aftosa VeterinariaGlosopeda A miocardite do cucho foi producida pola febre aftosa. Febre amarela Medicina Enfermidade infecciosa orixinada por un virus transmitido pola picada de certos mosquitos. A febre amarela comeza con frío, vómitos e dor na rexión lumbar. Febre de Malta Medicina Enfermidade infecciosa dos animais domésticos, causada por bacterias, que se transmite ao home e que se manifesta con febre, cefalalxias e dores musculares e articulares. A febre de Malta predomina nos países da rexión mediterránea. SINÓNIMOS brucelose, febre ondulante, febre oscilante Febre ondulante Medicina Febre de Malta. Na febre ondulante a temperatura tende a aumentar ata os 40ºC. Febre oscilante Medicina Febre de Malta. Un dos síntomas era a febre oscilante. Febre reumática Medicina Enfermidade aguda con maior incidencia na infancia e na adolescencia, que se produce como secuela de infeccións por estreptococos e se manifesta polo aumento de temperatura e a aparición de focos inflamatorios sobre todo nas articulacións e nas válvulas do corazón. A causa dunha febre reumática tivo que operarse do corazón. Febre tifoide Medicina Doenza infecciosa e contaxiosa provocada por un bacilo que se encontra nos alimentos e na auga, caracterizada por febres intensas, erupcións na pel, hemorraxias dixestivas etc. Colleu febre tifoide por beber auga contaminada. SINÓNIMO tifo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí