goma
Audio 1

goma substantivo feminino1 Botánica Substancia mucilaxinosa ou viscosa procedente de certas árbores, insoluble en alcohol e soluble en auga. A goma extraída das acacias é unha das máis aproveitadas industrialmente. As gomas empréganse en farmacia e tamén na industria para fabricar colas e vernices.2 Caucho ou outra substancia elástica semellante. Unha pelota de goma. Calzado con piso de goma.3 Anaco desa substancia, que se utiliza para borrar o que se escribiu ou debuxou. Déixame a goma para borrar estes riscos. SINÓNIMO goma de borrar4 Tira desa substancia, que pode ter forma circular e que serve para suxeitar cousas. Atou o feixe de papeis cunha goma. Suxeita o pelo cunha goma. FRASES E EXPRESIÓNS CON goma Goma arábiga Substancia amarelenta obtida de certas acacias orixinarias de Arabia, empregada como produto medicinal e con múltiples aplicacións industriais. A goma arábiga emprégase para espesar pinturas. Goma de borrar Goma (acepción 3). Gardou a goma de borrar no estoxo. Goma de mascar Resina aromatizada para mascar, que se obtén dunha árbore suramericana ou mediante procedementos artificiais. Aos nenos moito lles sabe a goma de mascar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí