libra
Audio 1

libra substantivo feminino1 Medida de peso que equivale a medio quilo aproximadamente, e que varía duns lugares a outros. OBSERVACIÓNS: Actualmente o seu uso está practicamente restrinxido ás pezas de chocolate, aínda que non teñan ese peso Dúas libras de touciño. Merquei unha libra de chocolate branco. CONFRÓNTESE onza2 Unidade monetaria de Irlanda ata a adopción do euro e tamén de Chipre, O Reino Unido, Exipto, O Líbano e Siria.3 Moeda que representa esta unidade. Mil libras.4 Astronomía Constelación do zodíaco situada no hemisferio celeste austral, entre Virgo e Escorpión. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Algunhas estrelas de Libra consideráronse noutro momento parte de Escorpión. SINÓNIMO balanza5 Signo zodiacal das persoas nacidas entre o vinte e un ou vinte e tres de setembro e o vinte ou vinte e tres de outubro. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Naceu baixo o signo de Libra. SINÓNIMO balanza substantivo6 Persoa que naceu baixo este signo. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción é invariable en plural Os libra teñen como elemento o aire. SINÓNIMO balanza FRASES E EXPRESIÓNS CON libra Libra esterlina 1 Unidade monetaria do Reino Unido. A libra esterlina abandonou o padrón ouro en 1931. 2 Moeda que representa esta unidade. Polo regalo que me trouxo de Londres pagou vinte libras esterlinas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!