un, unha
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4
Audio 5
Audio 6

un (feminino: unha) adxectivo1 Sen diferenzas en si mesmo que permitan establecer divisións. A ética non é unha en todas as partes e en todos os tempos. O latín vulgar era un e variado á vez. ANTÓNIMOS múltiple, variado CONFRÓNTESE único artigo indeterminado2 Presenta un individuo sen identificalo nin distinguilo doutros da súa clase ou especie. Unha balea é un cetáceo mamífero de enorme tamaño.3 Marca diferentes tipos dentro dunha clase ou especie. Cun tempo coma este dá gusto saír pasear. Ten unha sorte que non a merece. OBSERVACIÓNS: Utilízase tamén con valor enfático, sempre en feminino, cun referente omitido que se deduce polo contexto Non bebas tanto, que vas agarrar unha boa.4 Introduce un individuo que non se coñece ou que non se pode ou non se quere precisar. Un día apareceu un raposo... Vouche contar unha historia que lle oín a un vello…. CONFRÓNTESE certo5 Utilízase para dar énfase ás altas calidades dun individuo. Falar así dun Quevedo demostra unha grande ignorancia. indefinido6 Máis ou menos, aproximadamente. Pesará uns oitenta quilos. Andaban pola casa unha media ducia de cans. OBSERVACIÓNS: Utilízase seguido de palabras que expresan número7 Con sentido distributivo, úsase contraposto a ‘outro’. Un aceptou, o outro non. Uns comeron carne, outros peixe.8 Alguén sen precisar. -Quen dixo tal cousa? -Díxoo alí un, pero non sei se será verdade.9 Úsase con valor impersoal, co sentido de ‘eu, ou calquera persoa no caso’. Nesas situacións un xa non sabe o que é mellor.10 Emprégao o falante para referirse a si mesmo, con certo distanciamento. Xa estou farto de que todas as culpas veñan enriba dun. indefinido plural11 Indica unha cantidade pequena e indeterminada de individuos. Uns días máis tarde... numeral12 Número máis pequeno posible de elementos enteiros dunha clase. Ten un irmán e dúas irmás.13 Que nunha serie ocupa o primeiro lugar. Abre o libro pola páxina un. SINÓNIMO primeiro OBSERVACIÓNS: Repárese en que neste uso tende a aparecer a forma masculina, sen concordar substantivo masculino14 Cifra que representa ese número. Escribe dous uns. OBSERVACIÓNS: 1. O artigo un(s), unha(s) contrae coas preposicións de, en e con, dando as formas: dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s), cun(s), cunha(s). 2. O indefinido un(s), unha(s), cando actúa como adxectivo contrae coas preposicións de, en e con e presenta as mesmas formas ca o artigo indeterminado. Cando se usa como pronominal represéntase a contracción con de e en dando lugar ás formas: dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s); por contra non se representa na escrita a contracción coa preposición con: con un(s), con unha(s). 3. Os numerais un, unha, cando son adxectivos contraen coas preposicións de, en e con, da mesma maneira ca o artigo indeterminado. En cambio, cando son pronominais contraen coas preposicións de e en, pero non coa preposición con, da mesma maneira ca o indefinido FRASES E EXPRESIÓNS CON un A unha A un tempo, de forma unida. Dixeron todos a unha que sairían na súa defensa. Non dar unha Estar alguén desafortunado en todo o que fai ou di. Leva toda a semana sen dar unha. Ser todo un 1 Ser unha soa cousa, sen división, no tempo ou no espazo. Chegar alí e enfadarme foi todo un. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción, emprégase sempre en masculino singular 2 Ser da mesma clase, presentar as mesmas características. O material que se mercou non é todo un, hai que o clasificar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!