a
Audio 1

a2 preposición1 Introduce o complemento indirecto e, ás veces, o directo cando este se refire a persoas. Deulle unha patada a unha pedra. Dilles aos rapaces que veñan. Chamei a teu pai. OBSERVACIÓNS: O uso desta preposición introducindo o complemento directo é moi reducido; deben restrinxirse usos como levou ás fillas onda a avoa, ou avisar a un médico2 Pode indicar dirección, fin, ou o termo dunha acción ou dun movemento. Vai á vila. Levárono ao veterinario. Entraron a comer nun restaurante.3 Emprégase para expresar localización espacial ou temporal. Está á man dereita. Petou á porta. Chegou á noitiña.4 Úsase para indicar exposición aos axentes meteorolóxicos ou físicos. Estar ao frío. Estar ao resío. Estar á xeada.5 Marca intervalos espaciais e temporais. Abre de catro a oito da tarde. De aquí á casa hai cen metros.6 Utilízase para indicar prezo, cantidade ou distribución proporcional. Vende todo a un euro. Saímos a doce euros por cabeza. As cereixas van a tres euros o quilo.7 Emprégase para expresar modo, procedemento, método, medio ou instrumento. Cóseo á man. Foi a pé. Están xogando á pelota. Levouno ao lombo.8 Pode significar ‘en relación con’, ‘en canto a’. Non sei que dicir a isto.9 Úsase a miúdo ante infinitivo formando parte ou non dunha perífrase verbal. Botou a correr. Está empezando a chover. Estaba a falar con ela. Nós a dicir que si e eles que non. OBSERVACIÓNS: Esta preposición contrae co artigo determinado dando as formas ao ou ó, á, aos ou ós, ás

o, a

o2 (feminino: a) artigo determinado1 Diante dun nome designa en xeral todos os individuos ou obxectos dunha mesma clase. O home é un ser intelixente. Os peixes son animais mariños.2 Presenta algo ou a alguén xa coñecido. O sol quenta moito hoxe. Seica viu os teus curmáns na vila. OBSERVACIÓNS: 1ª. As segundas formas. O art. det. presenta outras variantes denominadas segundas formas: lo (m.sing.), la (f.sing.), los (m.pl.), las (f.pl.). Estas formas empréganse nos seguintes casos: 1) Despois dunha forma verbal rematada en -r ou en -s. Vai face-lo xantar. Non molléde-los pés. 2) Despois dos pronomes nos, vos e lles, cando estes van unidos ao verbo. Déronno-lo parabén por gañar. Déixovo-lo coche no garaxe. Empréstalle-lo libro a teus irmáns. 3) Despois do adverbio u. U-los teus nenos? 4) Despois de por, (e) mais, tras, todos/as, ambos/as, entrambos/as. Nestes casos non se emprega o guión. Ía polo camiño. O neno e maila nena. A árbore está trala casa. 2ª. Contraccións. Se certas preposicións e pronomes contraen coa segunda forma do artigo, outras preposicións (a, de, en e con) contraen coa forma do artigo (o, a, os, as) dando, respectivamente: ao (ó), á, aos (ós), ás; do, da, dos, das; no, na, nos, nas; co, coa, cos, coas. A conxunción ca tamén contrae co artigo (o, a, os, as) dando, respectivamente, as seguintes formas: có, cá, cós, cás. 3ª. Para a forma arcaica do artigo, ver el1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!