aberta
Audio 1
Audio 2

aberta substantivo feminino1 Relaxación dun tendón producida por un esforzo, unha mala postura etc. Ten unha aberta no pulso.2 Monte público, comunal. Colleron leña nunha aberta. SINÓNIMOS barazal, monte abertal3 Espazo breve de tempo no que para de chover. Aproveitamos unha aberta para achegarnos á súa casa. SINÓNIMOS escampada, esteada, estiñada

aberto, aberta
Audio 1
Audio 2
Audio 3

aberto (feminino: aberta) participio1 Participio irregular do verbo abrir. adxectivo2 Que non está rodeado ou cercado de valados, murallas etc. Unha leira aberta. Unha cidade aberta, sen fortificacións. ANTÓNIMOS cerrado, pechado3 Amplo, vasto, sen obstáculos. Saíu a mar aberto. A campo aberto.4 Dado á comprensión, ao entendemento, á bondade, á xenerosidade etc. É un home de corazón aberto, dáo todo polos demais. Ten unha mente moi aberta. É unha persoa moi aberta ao diálogo. ANTÓNIMOS cerrado, pechado5 Fonética [Vogal] que se pronuncia afastando a lingua do padal, de xeito que queda maior abertura para saír o aire. ‘Póla’ pronúnciase con ‘o’ aberto, ‘pola’ con ‘o’ pechado. Vogais abertas. ANTÓNIMO pechado substantivo masculino6 Deporte Competición deportiva na que poden participar tanto deportistas amadores como profesionais. A cidade organizou un aberto de tenis.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!