abrigo
Audio 1

abrigo substantivo masculino1 Protección contra os rigores do tempo. As altas murallas servíanlles de abrigo contra o vento. SINÓNIMOS abeiro, amparo, refuxio2 Peza de vestir longa que se pon por riba da roupa para abrigarse. Mercou un abrigo novo para o inverno. SINÓNIMO gabán3 Lugar protexido contra os rigores do tempo. A vella cabana era un excelente abrigo. SINÓNIMOS acolleito, acubillo O barco saíu do abrigo do porto. SINÓNIMOS abeiradoiro, abeiro, refuxio CONFRÓNTESE abrigadoiro4 figurado Persoa ou cousa que proporciona protección ou amparo. A familia foi o seu principal abrigo. FRASES E EXPRESIÓNS CON abrigo Ao abrigo Baixo a protección de algo. Os peregrinos buscaban un albergue onde pasar a noite ao abrigo. SINÓNIMOS a cuberto, ao acolleito, ao acollido Ao abrigo de locución preposicional 1 Para protexerse de algo. O mercante fondeou na ría ao abrigo do temporal. SINÓNIMOS ao abeiro de, ao amparo de, ao socairo de 2 Coa protección de. Cando empezou a chover correu para poñerse ao abrigo da porta que estaba máis cerca. SINÓNIMOS ao abeiro de, ao amparo de, ao socairo deVoz actualizada 2024-10-25 09:08:28 Engadíronse as expresións: ao abrigo e ao abrigo de

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!