acordo
Audio 1
Audio 2

acordo substantivo masculino1 Resolución tomada entre varias persoas ou comunidades. Temos que chegar a un acordo. SINÓNIMO pacto CONFRÓNTESE avinza Os dous países asinaron un acordo de colaboración. SINÓNIMOS convenio, pacto, tratado2 Circunstancia de estaren conformes con algo todos os membros dun grupo. Onde non hai acordo sempre xorden as disputas. SINÓNIMOS avinza, concordia, harmonía, unanimidade ANTÓNIMO desacordo3 Consentimento, permiso. Casaron co acordo dos pais.4 Facultade de recordar, de facer presente mentalmente algo que xa pasou. Non ten acordo ningún, nin se acorda dos anos que ten. SINÓNIMO memoria5 Idea que vén á mente. Mira ti que acordo tivo. SINÓNIMOS acordanza, ocorrencia FRASES E EXPRESIÓNS CON acordo Acordo previo Acordo ao que se chega antes de ser ratificado polas partes. Aínda que non houbo acordo previo, non tiveron ningún problema para chegar a un consenso. De acordo locución adverbial Expresa a conformidade total. Todos estiveron de acordo en facelo. De acordo con locución preposicionalConsonte De acordo cos Estatutos, a elección non foi legal. Quedar sen acordoDesmaiarse Cando viu o seu pai morto, quedou sen acordo, e tardaron varios minutos en reanimala.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!