agachado, agachada

agachado (feminino: agachada) participio1 Participio do verbo agachar. adxectivo2 [Persoa, animal ou parte do corpo] encollida ou inclinada cara a abaixo, para protexerse, ocultarse etc. Baixaban coa cabeza agachada, pola vergonza que lles daba mirar os seus pais de fronte. SINÓNIMO gacho Permaneceu agachado e quieto debaixo da mesa, agardando o momento xusto para darlles unha sorpresa.3 Que está oculto, fóra da vista. O santuario de Santo Andrés é unha pequena igrexa agachada nunha depresión da serra da Capelada. Escollera aquel lugar, por seguro e agachado, para vixiar sen que a ollasen.4 Que se mantén en segredo e non se dá a coñecer. Esculcaba nos ollos de quen tiña diante, na procura dos máis agachados pensamentos. Agachadas fantasías. substantivo feminino plural5 Xogo infantil en que un dos xogadores debe atopar os que están agachados. Aínda botaron un bo anaco xogando ás agachadas. SINÓNIMOS acochos, agochos, lebrescura FRASES E EXPRESIÓNS CON agachado Ás agachadas locución adverbial De maneira oculta. Víanse ás agachadas. SINÓNIMO ao agacho

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!