agarrar
Conxugar
Audio 1

agarrar /verbos/agarrar.html verbo transitivo1 Coller fortemente coa man ou con calquera parte do corpo. Agarrárona polos pelos e tirárona ao chan. Agárrao ben para que non se mova. SINÓNIMO suxeitar ANTÓNIMO desagarrar CONFRÓNTESE aferrar OBSERVACIÓNS: Constrúese tamén coa preposición en Agarrou nel e non o soltou. Agarrou no libro e leuno dunha tirada.2 Tomar [unha cousa] na man. Agarreille o paraugas mentres puña o abrigo. SINÓNIMOS coller, soster, suxeitar ANTÓNIMO desagarrar3 Contraer ou adquirir [unha enfermidade, vicio etc.]. Agarrar unha pulmonía. Aínda lle dura o cabreo que agarrou. SINÓNIMO apañar verbo intransitivo4 popular [Femia dun animal, en particular unha vaca] empreñar. Venderon a xovenca porque non agarraba.5 popular [Semente, planta] prender. Os carballos agarraron. verbo pronominal6 [Persoa] suxeitarse con forza a algo ou a alguén. Agárrate ben que podes caer. Agárrate a min para que non te leve a corrente. ANTÓNIMO desagarrarse7 Valerse de algo ou alguén, aproveitarse da oportunidade que supón. Agarrábase a el coma se fose a súa última esperanza. Hai que agarrarse ao que vén, non se poden deixar pasar as oportunidades. SINÓNIMOS aferrarse, asirse8 Ter unha agarrada. Empezaron xogando e acabaron agarrándose. SINÓNIMO pelexar FRASES E EXPRESIÓNS CON agarrar Agarrar e + verbo Expresión que indica que alguén realiza inmediatamente a acción expresada polo verbo principal. Como non sabía que facer, agarrou e marchou. SINÓNIMOS coller e + verbo, ir e + verbo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!