aló
Audio 1

aló adverbio1 Indica lugar afastado do falante, pero de modo máis impreciso ca alí. OBSERVACIÓNS: A diferenza entre alá e aló está en que, mentres que o primeiro pode expresar as nocións de movemento e repouso, aló expresa só movemento. Con todo, na lingua oral tende a neutralizarse esta oposición Non creo que chegues hoxe aló. Vaite aló.2 Lonxe do lugar que se indica. Foron ata a serra, pero non pasaron máis aló.3 Indica un espazo de tempo pasado ou futuro. Aló a últimos de mes. CONFRÓNTESE alá4 Tempo remoto. Aló no tempo dos romanos.5 No outro mundo. Coñecinos a todos eles, pero aló van xa hai ben anos.6 Indica despreocupación ou desentendemento respecto a alguén ou algo. Aviseinos do perigo, agora se queren ir aló eles. SINÓNIMO alá FRASES E EXPRESIÓNS CON aló Máis aló de 1 Superando ou engadíndose a algo. Expresaban sentimentos máis aló das palabras. 2 Máis tarde de. Non xantan máis aló das dúas. Moi aló locución adverbial Moi ben. OBSERVACIÓNS: Utilízase en construcións negativas Meu pai non anda moi aló que digamos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!