alba
Audio 1
Audio 2

alba substantivo feminino1 Primeira luz do día. Chegou moi tarde, xa coa alba. SINÓNIMOS abrente, abrente do día, alba do día, albor, alborada, amañecer, amencer, aurora, clarexa, luzada, luzada do día, rompente, rompente do día2 Relixión Vestimenta de liño branca que viste o sacerdote para celebrar a misa. A alba cínguese á cintura.3 Literatura Xénero literario medieval que describe a contrariedade dos amantes que deben despedirse coa aurora, despois de pasar a noite xuntos. Algúns dos elementos da alba provenzal proceden da liturxia cristiá. FRASES E EXPRESIÓNS CON alba Alba do día Alba (acepción 1). Érguese coa alba do día. Luceiro da alba VÉXASE luceiro Toque de alba VÉXASE toque

albo, alba
Audio 1
Audio 2
Audio 3

albo (feminino: alba) adxectivo1 literario Da cor da neve, do leite etc., ou que tira a ela. A xente daquel país tiña a pel moi alba. SINÓNIMOS albelo, branco substantivo masculino2 Lugar ou obxecto ao que se dirixe un proxectil. Dar no albo. SINÓNIMO obxectivo3 figurado Persoa ou cousa á que se dirixe unha acción ou un desexo ou na que se concentra a atención ou o interese. Foi o albo das críticas durante a reunión. Foi o albo de todas as miradas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí