alcanzar
Conxugar
Audio 1

alcanzar /verbos/alcanzar.html verbo transitivo1 Chegar ata onde está [alguén ou algo que vai diante ou está afastado]. Botei a correr ata que o alcancei. SINÓNIMOS coller, pillar Despois de moito rubir alcanzamos a cima do monte. SINÓNIMOS acadar, atinxir2 Poder tocar ou coller [algo que está a certa distancia ou altura]. Tiña que subir a unha cadeira para alcanzar a louza. SINÓNIMOS abranguer, acadar, atanguer3 Chegar ata o límite máis aló do cal non é posible a percepción. O oído humano non alcanza frecuencias tan baixas.4 Coller e darlle a alguén [unha cousa que está fóra do seu alcance]. Alcánzame a botella de viño. SINÓNIMO acadar5 Chegar a ter [unha cousa que se desexaba ou que é comunmente desexada]. Alcanzou todo o que se propuxo. SINÓNIMOS conseguir, lograr, obter Dese xeito, sen querelo alcanzou a fama. SINÓNIMOS abranguer, acadar, adquirir, atanguer, atinxir6 Chegar a [unha situación, grao ou meta]. Aínda non alcanzou a madurez. O alumno non alcanza o nivel mínimo esixido. SINÓNIMO acadar7 Ter suficiente capacidade para chegar a comprender [algo]. Entendía o que nós non alcanzabamos.8 Ir dar un proxectil en [algo ou alguén]. O disparo alcanzouno no peito. As bombas alcanzaron varias rúas da capital.9 Chegar unha cousa ou os seus efectos ata [certo límite, distancia ou punto]. O avión alcanza grandes velocidades. O disparo non alcanzou a distancia prevista. SINÓNIMO acadar verbo intransitivo10 Ser suficiente. O diñeiro non lle alcanzaba para pagar o taxi. SINÓNIMOS abastar, abondar, bastar, chegar

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!