alimentar
Conxugar
Audio 1
Audio 2

alimentar /verbos/alimentar.html verbo transitivo1 Darlle alimento a [un ser vivo]. Ten moitos fillos que alimentar. SINÓNIMO manter Hai que alimentalo a base de líquidos. SINÓNIMOS manter, nutrir2 por extensión Prover [unha cousa ou unha persoa] do necesario para que non pare a súa actividade ou para darlle vigor. Cortou o cable que alimenta a lámpada.3 figurado Fortalecer, facer que vaia a máis ou que sexa máis intenso [un concepto abstracto]. Alimentar o odio. Alimentar as ansias de liberdade. SINÓNIMO fomentar verbo intransitivo4 Servir de alimento. Tes que comer cousas que alimenten. SINÓNIMOS manter, nutrir verbo pronominal5 Tomar alimento, comer. As plantas aliméntanse da auga e demais substancias que toman da terra. Alimentarse a base de graxas provoca alteracións no organismo. SINÓNIMOS manterse, nutrirse6 [Cousa, persoa] obter o necesario para a súa actividade ou vigor. O motor aliméntase cun xerador de pouca voltaxe.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!