altura
Audio 1

altura substantivo feminino1 Dimensión vertical dun corpo. Os cipreses poden chegar aos trinta metros de altura. SINÓNIMOS altitude, alto12 Medida dunha persoa desde os pés ata a cabeza. Este rapaz mide dous metros de altura. SINÓNIMO estatura3 Profundidade da auga. A piscina non ten altura suficiente para te tirares nela.4 Elevación dun punto con relación ao nivel do mar. Subiron o monte de maior altura. SINÓNIMO altitude5 Distancia entre un punto, real ou imaxinario, situado por enriba da superficie da terra e esta. A aeronave precipitouse desde unha considerable altura.6 Matemáticas Dimensión dunha figura ou dun corpo representada por unha liña perpendicular que vai desde a parte máis baixa, a base, á máis alta. A altura dun triángulo.7 Lugar elevado sobre a superficie da terra. Desde esa altura vese o mar. SINÓNIMO alto18 Momento no curso do tempo. A esta altura do día xa non conto que veña. OBSERVACIÓNS: Utilízase frecuentemente en plural A estas alturas do ano xa debía ter a sementeira feita.9 Ton ou grao dun son, que vén dado pola frecuencia das vibracións que o producen. Cada corda do instrumento produce sons de diferente altura.10 Nivel elevado nunha escala de valores. Ten altura de miras, non soubo estar á altura. Un discurso de moita altura. substantivo feminino plural11 figuradoCeo Misterios das alturas.12 figurado Mundo imaxinario. Cústalle baixar das alturas. FRASES E EXPRESIÓNS CON altura Á altura de Nas proximidades de. Á altura do Cabo de Fisterra. Hai problemas na estrada de Pontevedra á altura de Caldas de Reis. Non soubo estar á altura. De altura [Pesca, navegación etc.] de mar aberto. Mercou pescada de altura. Estar á altura das circunstancias Comportarse segundo esixe a situación. O presidente non soubo estar á altura das circunstancias. Salto de altura VÉXASE salto

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!