amañar
Conxugar
Audio 1

amañar /verbos/amañar.html verbo transitivo1 Dispoñer [algo que está en desorde] de maneira correcta ou axeitada. A ver se amañas un pouco o teu cuarto. SINÓNIMOS acomodar, arranxar, arrombar, atondar, aviar, ordenar ANTÓNIMO desamañar2 Preparar ou solucionar [unha cousa] mediante acordo ou amaño. Non vai haber problemas, xa o amañamos todo entre nós. SINÓNIMO arranxar3 Poñer en bo estado [unha cousa deteriorada ou estragada]. Teño que levar o reloxo a amañar. SINÓNIMOS arranxar, gobernar, recompoñer, recompor, reparar ANTÓNIMO desamañar4 Poñer no seu sitio  [un óso roto ou dislocado]. Non sei se haberá quen lle amañe o óso do brazo. CONFRÓNTESE compoñer, compor, ensortellar5 Alterar por medio de subornos, influencias, artimañas etc., [unha cousa] de maneira que pareza legal cando non o é. Amañar un combate. Amañaron os resultados das eleccións.6 Asear, vestir, peitear e facerlle todo o necesario a [unha persoa] para que teña unha boa presenza. Amaña o neno, que ten que ir para a escola. SINÓNIMOS aviar, compoñer, compor CONFRÓNTESE acicalar, aderezar, adobiar, ataviar, atilar, enfeitar, engalanar7 Deixar embarazada [unha moza]. Amañouna e deixouna.8 Facer o necesario para que teña lugar [algo]. Os mozos amañaron un baile. verbo intransitivo9 Resultar conveniente. Aínda que chegue ás oito, a min amáñame. verbo pronominal10 [Persoa] asearse, peitearse e facer todo o necesario para ter boa presenza. Amáñate ben, que hoxe imos de visita. SINÓNIMOS aviarse, compoñerse, comporse, CONFRÓNTESE acicalarse, aderezarse, adobiarse, ataviarse, atilarse, enfeitarse, engalanarse11 Ter o enxeño ou os medios necesarios para solucionar un problema ou para dar feito algo. Amañáronse para facer a instalación eléctrica da casa. SINÓNIMOS apañarse, arranxarse, CONFRÓNTESE enxeñarse12 Facer as cousas por un mesmo, sen axuda, en particular cando representan unha dificultade. Non chamei a ninguén porque ben me amaño. SINÓNIMOS apañarse, arranxarse, bastarse, valerse13 [Persoas enfrontadas] chegar a un acordo. Tiñan desavinzas, pero xa se amañaron.14 Ter inicio. Amañouse unha treboada. FRASES E EXPRESIÓNS CON amañar Estar amañado Estar en dificultade. Pois si que estamos amañados!

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí