ameixa
Audio 1

ameixa1 substantivo feminino Froito comestible da ameixeira, de pel lisa e polpa consistente apegada á carabuña, con moito zume, e que, segundo as variedades, pode ter forma redonda ou oval e cor amarela, morada etc. O verán é o tempo das ameixas. CONFRÓNTESE cirola1, claudia, fatón

ameixa
Audio 1

ameixa2 substantivo feminino1 Molusco bivalvo da familia dos venéridos, de valvas asimétricas e ovaladas, que vive nos fondos mariños de lodo e area, do que existen varias especies que presentan distintas cores, moi apreciado pola súa carne. Hoxe comemos fideos con ameixas. FRASES E EXPRESIÓNS CON ameixa Ameixa babosa (Venerupis pullastra) Molusco bivalvo da familia dos venéridos, de pequeno tamaño, cuncha pouco estriada e cor amarelada, gris ou tirando a marrón. A ameixa babosa vive en lugares que non quedan descubertos pola marea. Ameixa bruxa (Venerupis aurea) Molusco bivalvo da familia dos venéridos, coa cuncha oval, amarela no interior e branca, amarela ou marrón no exterior. A ameixa bruxa aparece ocasionalmente entre as capturas de ameixa fina e babosa. Ameixa fina (Ruditapes decussatus) Molusco bivalvo da familia dos venéridos, que pode chegar aos sete centímetros de lonxitude, coas valvas estriadas, de cor branca, amarela ou marrón clara, ás veces con debuxos en zigzag. A ameixa fina é un tipo de ameixa moi apreciado. Ameixa rubia (Venerupis rhomboides) Molusco bivalvo da familia dos venéridos, coas valvas lisas e brillantes, de cor amarelada ou marrón tirando a rubia, con frecuencia con manchas ou debuxos en zigzag. A ameixa rubia ten a carne máis dura ca as outras. Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) Molusco bivalvo da familia dos venéridos, moi semellante á ameixa fina, da que se diferencia pola cuncha lixeiramente máis redondeada, máis escura e máis amarela no interior e con liñas radiais moi marcadas. A ameixa xaponesa acada o tamaño comercial antes dos dous anos. SINÓNIMO ameixa xapónica Ameixa xapónica Ameixa xaponesa. Este ano houbo moita produción de ameixa xapónica.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!