amor
Audio 1

amor substantivo masculino1 Sentimento de profundo afecto cara a alguén. Tenlle moito amor á familia. SINÓNIMO cariño Sen amor non pode haber convivencia. ANTÓNIMO odio2 Sentimento intenso cara a alguén baseado na atracción sexual e no afecto. Viviron unha longa historia de amor. ANTÓNIMO odio3 Forte interese ou inclinación por algo. Amor á patria.4 Persoa amada. Teño un amor en Rianxo. SINÓNIMO querer CONFRÓNTESE amado5 Esmero con que se realiza algo. Espero que vos guste isto porque o fixen con moito amor. substantivo masculino plural6 Herba dos amores. Engancháronselle uns amores no pelo. FRASES E EXPRESIÓNS CON amor Amor cortés Concepción de amor, propia da poesía trobadoresca, en que o namorado se declara vasalo da dama. No amor cortés, a dama era unha muller casada. Amor libre Relación amorosa que non implica ningún compromiso. Defendían o amor libre. Amor propio Estima que un ten de si mesmo, que o leva a tratar de ganar a aprobación dos demais e non deixarse superar. O seu amor propio non lle consentía tolerar eses insultos. Amores pequenos BotánicaAgrimonia Mira como se cubriu o prado de amores pequenos. Ao amor de Na proximidade de. Conversaban ao amor da lareira. Coller amoresNamorarse Colleu amores cunha costureira. SINÓNIMO tomar amores Facer o amor 1 Tratar de obter o amor dunha persoa. Ándalle a facer o amor a unha rapaza de Lugo. SINÓNIMOS cortexar, facer a corte, facer as beiras, galantear 2 Ter relacións sexuais, realizar o acto sexual. Fai o amor con quen lle gusta. Herba dos amores VÉXASE herba Polo amor de Deus Expresión con que se pide algo encarecidamente. Razoa, polo amor de Deus, non fagas iso. SINÓNIMO por amor de Deus Por amor á arte Gratuitamente, sen recompensa. Coñézoo e sei que non fai nada por amor á arte. Por amor de Deus Polo amor de Deus. Unha esmoliña, por amor de Deus! Ter amores con Estar namorado de. Tiña amores cunha moza veciña del. Tomar amores Empezar unha relación amorosa. Tes que me dicir se queres tomar amores comigo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!