antigo, antiga
Audio 1
Audio 2
Audio 3

antigo (feminino: antiga) adxectivo1 Que existe, que se conserva desde hai moito tempo. Un antigo rito. CONFRÓNTESE anacrónico, anticuado, arcaico Están a restaurar o antigo teatro. Un moble antigo. Unha antiga tradición. Pertence a unha antiga familia da nobreza. CONFRÓNTESE vello2 Que existiu, aconteceu ou se deu hai moito tempo, en época remota. Está a estudar as antigas poboacións que habitaron estas terras. CONFRÓNTESE remoto, vello3 Que leva máis tempo desempeñando un cargo ou función. Fixéronlle unha homenaxe ao traballador máis antigo da empresa. ANTÓNIMO novo, CONFRÓNTESE vello, veterano Preside o tribunal o catedrático máis antigo.4 Que xa non é ou non existe en calidade do que se expresa. OBSERVACIÓNS: Úsase sempre anteposto ao substantivo Hai unha xuntanza de antigos alumnos do colexio. CONFRÓNTESE vello5 Que xa non se usa, que non é actual. Gustábame máis o modelo antigo dese coche ca o novo. ANTÓNIMOS actual, moderno6 Historia Anterior á caída do Imperio Romano. Estuda a filosofía antiga. substantivo feminino7 Dereito de paso a través de leiras alleas. Gozan dunha antiga que lles permite acceder á súa propiedade. SINÓNIMOS pasantía, pasaxe, paso1, serventía, servidume de paso8 Paso ou camiño suxeito a este dereito. A leira ten unha antiga polo fondo. SINÓNIMO serventía substantivo masculino plural9 As persoas que viviron en tempos remotos, particularmente na Antigüidade clásica. Os antigos pensaban que a Terra era plana. FRASES E EXPRESIÓNS CON antigo Á antiga locución adverbial Ao xeito dos tempos pasados, como se facía antes. Foi educado á antiga. Idade Antiga VÉXASE idade

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!