apartar
Conxugar
Audio 1

apartar /verbos/apartar.html verbo transitivo1 Mover [algo] para un lado de xeito que quede libre un espazo, vía etc. Apartou o coche para deixar a porta libre. SINÓNIMOS afastar, arredar, desarrimar, separar ANTÓNIMOS acercar, achegar2 Separar [dúas ou máis cousas]. Apartou as mazás podres das sas.3Desviar Non apartaba a mirada da rapaza.4 Pór a certa distancia. Aparta o neno de onda o lume. SINÓNIMOS afastar, alongar, arredar, separar ANTÓNIMOS acercar, achegar5 Facer que [unha persoa] abandone un modo de vida, actividade etc. Apartárono do mundo da delincuencia. As súas actividades profesionais apartárono da política.6 Facer que [unha persoa] deixe de estar con outra ou outras. O traballo apartouno da familia.7 Facer que [dúas ou máis persoas] deixen de estar unidas ou próximas, no plano afectivo, ideolóxico etc. Coas súas intrigas conseguiu apartalos. SINÓNIMO distanciar8 Separar a [alguén] mediante indemnización dun herdo ou dunha sociedade en que ten parte. Apartárono con catro cadelas.9 Facer que [dúas ou máis persoas] deixen de pelexar ou discutir. Estaban pelexando e intentou apartalos.10 Pór á parte. Xa apartei todo o que tiña que levar. verbo intransitivo11 Moverse para un lado de xeito que quede libre un espazo, vía etc. Mandeino apartar e non apartou. SINÓNIMO arredar Aparta loureiro verde, deixa clarear a lúa.12 Pórse a certa distancia. Non te chegues tanto ao precipicio, aparta de aí. SINÓNIMO arredar13 [Dúas ou máis persoas] deixar de estar unidas ou próximas no plano afectivo, ideolóxico etc. Levábase moi ben cos amigos, pero foi apartando deles pouco a pouco. SINÓNIMO arredar14 Abandonar un modo de vida, actividade etc. Ten ese vicio e non aparta del.15Desviarse Ao pasar a casa do ferreiro, hai un carreiro que aparta á dereita. verbo pronominal16 Moverse para un lado de xeito que quede libre un espazo, vía etc. Apártense, deixen paso. SINÓNIMOS afastarse, arredarse, desarrimarse, separarse17 Pórse ou discorrer a certa distancia. Apartouse da beira da estrada. Alí o Camiño de Santiago apártase da estrada. SINÓNIMOS afastarse, alongarse, arredarse, separarse18 [Dúas ou máis persoas] deixaren de estar unidas ou próximas no plano afectivo, ideolóxico etc. Apartáronse ao pouco de casar. SINÓNIMOS afastarse, arredarse, separarse19 Abandonar un modo de vida, actividade etc. Apartouse da vida pública.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!