arma
Audio 1

arma substantivo feminino1 Instrumento que serve para matar, ferir, atacar ou defenderse. A arma coa que se cometeu o crime. Unha tenda de armas.2 figurado Aquilo que se utiliza para atacar ou defenderse. O pobo non tiña máis armas ca a palabra. A intelixencia era a súa mellor arma.3 Cada unha das seccións do exército cunha función particular. A arma de infantaría. substantivo feminino plural4 A profesión ou carreira militar. Fixo a carreira das armas.5 Heráldica Símbolos e adornos do escudo con que se distingue unha cidade, familia etc. Nas súas armas aparece un león alado. CONFRÓNTESE brasón6 Heráldica Emblema en forma de escudo, onde aparecen as figuras representativas dun estado, cidade ou familia. Na entrada do pazo estaban as armas da familia. SINÓNIMOS brasón, escudo de armas FRASES E EXPRESIÓNS CON arma Arma branca A que está feita de ferro ou aceiro principalmente e fere coa punta ou o fío. O coitelo e a espada son armas brancas. SINÓNIMO ferramenta Arma de dous fíos Argumento, medio etc, co que hai que ter coidado porque pode beneficiar ou prexudicar. Darlle publicidade a esa noticia é, nestes momentos, unha arma de dous fíos. SINÓNIMO arma de dous gumes Arma de dous gumes Arma de dous fíos. Xogar cos seus sentimentos pode ser unha arma de dous gumes. Arma de fogo A que dispara un proxectil por medio da explosión da pólvora. O fusil é unha arma de fogo. Chamada ás armas VÉXASE chamada Escudo de armas Arma (acepción 6). Na bandeira do castelo aparecía o escudo de armas dos duques.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!