arriar
Conxugar
Audio 1

arriar /verbos/arriar.html verbo transitivo1 Facer descender pouco a pouco [unha vela, bandeira etc.]. Os mariñeiros arriaron as velas.2 Poñer solta [unha cousa]. Arría os cabos que imos desatracar.3 propio e figurado Deixar caer ou deixar marchar [o que se ten ben collido ou se soporta]. Non quería arriar o tesouro, pero non lle quedou máis remedio. Non arría un céntimo por ninguén.4 figurado Afrouxar, facer menos intenso. A ver se arrían algo o control.5 Deixar caer ou saír [algo]. Purgaron as ameixas e arriaron toda a area. verbo intransitivo6 Parar, rematar a xornada. Ás oito arrío, para hoxe non fago máis.7 [Mancha] deixar de ser visible ao lavar. Esta cotra non arría a non ser que se lle bote lixivia. SINÓNIMOS dar, desaparecer, irse, quitarse, sacarse, saír FRASES E EXPRESIÓNS CON arriar Arriar as calzas familiarCagar Marchou apurado porque dixo que precisaba arriar as calzas. SINÓNIMO arriar os pantalóns Arriar os pantalóns familiarCagar Foi arriar os pantalóns detrás dunha silveira. SINÓNIMO arriar as calzas

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!