arte
Audio 1

arte substantivo feminino1 Actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas. Historia da arte. Unha obra de arte.2 Cada un dos dominios en que o ser humano pode pór en práctica a súa capacidade creadora con fins estéticos. Artes plásticas. A arte da pintura, da música. O cine, a sétima arte.3 Conxunto de obras características dunha época, estilo etc. A arte barroca.4 Conxunto de coñecementos e regras precisas para realizar ben determinadas actividades en que a dimensión práctica ten tanta ou máis importancia ca a teórica. A arte da milicia.5 Capacidade, polo xeral adquirida coa experiencia, para facer ben algo que require certos dotes. Ten arte para facer cestos. SINÓNIMOS habelencia, habilidade, man, maña6 Manifestación práctica desa capacidade. Tocou con arte. SINÓNIMO mestría7 Cada un dos diversos tipos de aparellos de pesca. Hai diversas artes tradicionais para a pesca da sardiña.8 Recurso con que se intenta conseguir algo mediante a habilidade e a ocultación dos verdadeiros fins. Xa comezaba a pensar que aquilo era por arte do demo. OBSERVACIÓNS: Utilízase frecuentemente en plural Con esas artes manéxao como quere. SINÓNIMOS artimaña, astucia, estrataxema, maña FRASES E EXPRESIÓNS CON arte Arte abstracta Corrente artística que representa formas e cores que non se relacionan con elementos da realidade. A arte abstracta oponse á figurativa. Artes gráficas Técnica de impresión de textos ou imaxes sobre unha superficie. Traballa nun taller de artes gráficas. Artes liberais Conxunto de actividades en que predomina o traballo intelectual. Na Idade Media estudábanse as chamadas sete artes liberais. Artes marciais Técnicas de defensa persoal de orixe oriental que utilizan golpes e movementos particulares. É un especialista en artes marciais. Artes plásticas Arte Conxunto de manifestacións artísticas que teñen como finalidade o dominio das formas, dirixíndose fundamentalmente aos sentidos da vista e o tacto. A pintura e a escultura englóbanse dentro das artes plásticas. Belas Artes Arte Conxunto de manifestacións artísticas que teñen como finalidade a representación da beleza, mediante a cor, a forma, o son, a linguaxe, o movemento etc. Academia de Belas Artes. Galería de arte VÉXASE galería Malas artes Actuación ou modo de proceder reprobable. Reclamo o posto que me corresponde e que me foi arrebatado con malas artes. Verso de arte maior VÉXASE verso1 Verso de arte menor VÉXASE verso1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!