articulación
Audio 1

articulación substantivo feminino1 Anatomía Unión de dous ou máis ósos ou de dúas partes dun organismo. Na articulación do cóbado interveñen máis de dous ósos. SINÓNIMOS artellamento, conxunta, xoga, xógara, xogo, xunta1, xuntura CONFRÓNTESE artello2 Unión de dúas pezas dun obxecto que permite o movemento das dúas ou dunha delas. O goniómetro baséase na articulación de dúas regras por medio dun eixe. CONFRÓNTESE xunta1, xuntura3 Conxunción das distintas partes de algo. A articulación social duns seres con outros.4 Fonética Acción de articular os distintos sons dunha lingua por medio dos órganos fonadores. A articulación das vogais. SINÓNIMOS pronuncia, pronunciación CONFRÓNTESE fonación5 Lingüística Fragmentación das unidades lingüística noutras menores. Martinet fala da dobre articulación da linguaxe.6 Botánica Punto no que se unen dúas partes dun vexetal, por onde é fácil que se desprendan. Ramas con articulacións.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!