asentar
Conxugar
Audio 1

asentar /verbos/asentar.html verbo transitivo1 Colocar [algo] de maneira que quede fixo e seguro. Asentar os alicerces dun edificio. SINÓNIMO sentar2 figurado Confirmar e xustificar [algo que se di ou fai] con probas, razóns, fundamentos etc. Asentou a tese nunha ampla documentación. SINÓNIMOS apoiar, basear, fundar3 figurado Dar firmeza a [algo]. Asentar as ideas.4 Tomar nota por escrito de [algo]. O notario asentou o acordo.5 Incluír ou facer incluír o nome de [alguén] nunha lista ou rexistro cun determinado fin. Asentou o fillo no Rexistro Civil o mesmo día do nacemento. SINÓNIMOS inscribir, rexistrar verbo intransitivo6 [Cousa] quedar apoiada de forma firme e segura. Non creo que o poste asente ben nese terreo.7 [Líquido] tornarse claro ao iren para o fondo as partículas en suspensión que o toldan. O viño xa asentou.8 [Algo] ser adecuado, resultar ben en alguén. Ese vestido aséntalle moi ben. SINÓNIMO sentar verbo pronominal9 Ter a súa base en algo. A muralla aséntase en terreos pouco firmes. SINÓNIMOS apoiarse, descansar10 Fixar a residencia ou quedar nun sitio para vivir. Decidiu asentarse naquela cidade. SINÓNIMO establecerse, CONFRÓNTESE instalarse11 figurado [Cousa] ter a súa base ou fundamento noutra. A acusación aséntase en probas sólidas. SINÓNIMOS apoiarse, basearse, fundarse FRASES E EXPRESIÓNS CON asentar Asentar as costelas Bater en alguén. Encargáronme que lles asente as costelas. Asentar as costuras Reprender ou castigar duramente. Mandáranos á cadea para lles asentar as costuras. Asentar un pau Dar un golpe. Cando estaba descoidado asentoulle un pau nas costas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí