atar
Conxugar
Audio 1

atar /verbos/atar.html verbo transitivo1 Facer un nó a [unha corda, fita etc.]. Tes os amallós desamalloados, átaos. SINÓNIMOS agulletar, amalloar, anoar ANTÓNIMOS desagulletar, desamalloar, desanoar, desatar Ata os zapatos que vas caer. SINÓNIMOS acordoar, agulletar, amalloar, amarrar, encordar ANTÓNIMOS desagulletar, desamalloar, desamarrar, desatar Vaiche caer o mandil, átao ben. ANTÓNIMO desatar2 Prender, unir ou suxeitar por medio dunha corda, lazo, fita ou outra cousa semellante. Atoulle as mans cunha cordella. ANTÓNIMOS desatar, deslear, desligar Ata ben o paquete para que non se abra. SINÓNIMOS acordoar, amarrar, encordar ANTÓNIMOS desamarrar, desatar Ataban a palla en mollos. Tamén absoluto Prefería segar e non atar. Ata as ovellas con esa amarralla e lévaas ao prado. ANTÓNIMO desatar Tamén verbo pronominal Atouse pola cintura para non caer da estada. SINÓNIMO amarrar(se), ANTÓNIMOS desamarrar(se), desatar(se)3 Facer [algo que é difícil de desfacer]. Foron onda o sancristán a ver se el desataba o que atara o cura.4 figuradoVincular1 Vellas lembranzas átanme a este lugar.5 Impedir algo ou alguén que [unha persoa] se mova con total liberdade ou ao seu aire. A familia átaa moito. Tamén absoluto Esta profesión ata moito.6 Reparar ou coser [un aparello]. Leva corenta anos atando redes. FRASES E EXPRESIÓNS CON atar Atar cabos VÉXASE cabo Atar de pés e mans VÉXASE Coas mans atadas VÉXASE man

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!