atrasar
Conxugar
Audio 1

atrasar /verbos/atrasar.html verbo transitivo1 Deixar [algo] para facer máis tarde. Foi preciso atrasar a reunión ata as seis. A compañía atrasou a saída do avión. SINÓNIMOS aprazar, delongar, pospoñer, pospor, postergar, retardar ANTÓNIMOS adiantar, anticipar CONFRÓNTESE adiar2 Impedir o normal desenvolvemento ou realización de [algo]. Uns asuntos imprevistos atrasaron os seus proxectos. SINÓNIMO retardar3 Datar [unha cousa] nun tempo anterior. Novos descubrimentos permiten atrasar cen anos a época das ruínas.4 Darlle a [algo] para atrás. Hoxe hai que atrasar os reloxos unha hora. ANTÓNIMO adiantar Atrasa un pouco ese ladrillo para que quede aliñado co outro. verbo intransitivo5 [Aparello] funcionar a menor velocidade do normal. Cambioulle a pila ao reloxo porque atrasaba. ANTÓNIMO adiantar6 figurado Ir cara a atrás ou non progresar adecuadamente. Aquí en vez de progresar, atrasamos. SINÓNIMO retroceder ANTÓNIMOS avanzar, progresar verbo pronominal7 Chegar despois de que o faga outro. O corredor atrasouse moito e chegou fóra de control. O tren atrasouse. ANTÓNIMO adiantarse8 Sufrir atraso ou presentarse máis tarde do previsto. Atrasouse, non chegou á súa hora ao médico. Atrasáronse os pagamentos. SINÓNIMO retardarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!