ave
Audio 1

ave1 substantivo feminino1 Animal vertebrado ovíparo de respiración pulmonar, mandíbulas recubertas dun peteiro córneo, membros anteriores adaptados ao voo, posteriores adaptados á marcha e corpo recuberto de plumas. As gaivotas son aves que viven na costa. substantivo feminino plural2 Zooloxía Clase destes vertebrados. A clase das aves abrangue un gran número de ordes. FRASES E EXPRESIÓNS CON ave Ave de paso 1 Ave migratoria que só para nun lugar a descansar. Observaban desde os cantís as aves de paso. 2 Persoa que non se detén nun lugar. Belida muller, ave de paso. Ave de rapina VÉXASE rapina Ave do paraíso Ave da orde dos paseriformes, da que existen distintas especies, de tamaño mediano ou grande, famosa pola beleza das súas plumas, que colgan aos dous lados do corpo. As aves do paraíso son orixinarias de Oceanía. Ave fénix Ave mitolóxica que rexurdía das súas cinsas. Intenta renacer coma a ave fénix.

ave
Audio 1

ave2 interxección latina Saúde, Deus te garde. OBSERVACIÓNS: Utilízase na expresión ‘Ave, María’ ou con sentido festivo Ave, vellos soutos do Bierzo!

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí