avelaíña
Audio 1
Audio 2

avelaíña substantivo feminino Bolboreta nocturna da suborde dos heteróceros, de corpo arredondado e piloso, ás longas e estreitas, voo rápido e da que existen diversas especies. As avelaíñas son símbolos de superstición para moita xente. Dúas avelaíñas voaban sen cesar arredor do farol. SINÓNIMOS matacandís, velairiña

avelaíño, avelaíña
Audio 1
Audio 2
Audio 3

avelaíño Para todas as acepcións SINÓNIMO velaíño (feminino: avelaíña) adxectivo1 literario Caracterizado pola suavidade, a delicadeza, a carencia de violencia e brusquidade ou por ter pouca forza ou intensidade. Faláballe con voz avelaíña. A luz avelaíña dos seráns outonais. Sopraba un vento avelaíño. A avelaíña rubién do atardecer. SINÓNIMOS lene, suave CONFRÓNTESE brando, leve, lixeiro, maino, tenue2 literario De gran finura e delicadeza. As mans das humildes mulleres tecían acotío os avelaíños e fermosos encaixes. CONFRÓNTESE fino, primoroso3 literario [Flor, planta etc.] que morre pronto. Aquela flor avelaíña era para el o símbolo da súa propia vulnerabilidade.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí