aviso
Audio 1

aviso substantivo masculino1 Acción e efecto de avisar. Debería dar aviso das súas intencións. Nas oficinas da empresa instalaron sistemas de aviso e sinalización de alarmas. Mandou tocar as campás como aviso do lume que se achegaba ás casas.2 Texto, palabras ou sinais con que se avisa. Saltou o valado a pesar dos avisos do garda. SINÓNIMO advertencia CONFRÓNTESE admonición, amoestación Un aviso indica que a auga da fonte non é potable. Mandar un aviso á prensa. SINÓNIMOS comunicado, nota CONFRÓNTESE notificación Iso sonche avisos do ceo. FRASES E EXPRESIÓNS CON aviso Aviso de (da) recepción 1 Documento que, tras ser asinado polo destinatario dun envío e ser mandado de volta ao remitente, lle permite confirmar a este que a entrega efectivamente se realizou. Asinou o resgardo do aviso de recepción cando recolleu o paquete. SINÓNIMOS confirmación de (da) recepción, xustificante de (da) recepción 2 Mensaxe de retorno que confirma que unha determinada comunicación chegou efectivamente ao seu destino. No correo tes a opción de notificar o aviso de recepción. SINÓNIMOS confirmación de (da) recepción, xustificante de (da) recepción Aviso previo Comunicación verbal ou escrita en que se informa, con antelación, dunha circunstancia que supón algún tipo de alteración na prestación de traballo. Recibiron un aviso previo para desaloxar o local. SINÓNIMO preaviso Poñer en avisoAvisar Deulle co cóbado para poñelo en aviso. Sobre aviso Con coñecemento e prevención sobre algo que pode suceder. Está sobre aviso para atender axiña as feridas.Voz actualizada 2019-11-26 10:40:15 Engadiuse a frase 'aviso de (da) recepción'

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!