axustado, axustada
Audio 1
Audio 2

axustado (feminino: axustada) participio1 Participio do verbo axustar. adxectivo2 Que se axusta perfectamente, especialmente unha peza de roupa. Un vestido axustado. ANTÓNIMOS amplo, ancho, folgado, largo CONFRÓNTESE apertado, estreito, xusto3 De acordo sobre un xornal mediante un trato. Andan axustados ao xornal. Estaba axustado cun amo.4 [Prezo, montante, tanto] que se axusta previamente sen especificar os conceptos. Contrato de compravenda dun inmoble por prezo axustado. SINÓNIMO alzado5 figurado Que está en harmonía ou correspondencia con aquilo que se expresa. Un discurso axustado á audiencia. Elaboraron uns orzamentos axustados á realidade do país. substantivo masculino6 Acción e efecto de axustar ou axustarse. O axustado das pezas é o último paso desta fase. SINÓNIMO axuste ANTÓNIMO desaxusteVoz actualizada 2024-10-22 11:30:50 Engadiuse a acepción 4

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!