baño
Audio 1

baño1 substantivo masculino1 Acción e efecto de bañar ou bañarse. Vou tomar un baño. CONFRÓNTESE bañadura2 Líquido preparado para bañarse nel. Prepareille un baño quentiño.3 Recipiente onde se baña un. Encheu o baño con auga morna. SINÓNIMO bañeira4 Cuarto con bañeira, váter, lavabo, bidé e outros accesorios para o aseo e hixiene persoais. Vai lavar as mans ao baño. SINÓNIMO cuarto de baño, CONFRÓNTESE aseo, cuarto de aseo, váter5 Recipiente onde se salga e conserva a carne de porco. Puxo a cachucha do porco no baño. SINÓNIMOS dorneiro, saleiro, salgadoiro6 Recipiente que se pode utilizar para dar de comer aos animais ou para lavar. Botoulles as lavaduras no baño aos porcos.7 Parte escavada das zocas. Colleu a legra para facerlles o baño ás zocas.8 Capa superficial con que se cobre ou con que está cuberta unha cousa. A bandexa ten un baño de prata. substantivo masculino plural9 Lugar onde se poden tomar baños, en especial de carácter medicinal. Fun aos baños ao Carballiño. SINÓNIMOS augas, balneario, termas FRASES E EXPRESIÓNS CON baño Baño de asento Baño que se toma sentado e no que se lava a metade inferior do corpo. Recomendáronlle baños de asento con calor progresiva. Baño de sangue Matanza de persoas. Evitou un baño de sangue entre os fieis das dúas relixións enfrontadas. Baño de sol Exposición do corpo aos raios solares. Os baños de sol, tomados con precaución, van moi ben para estes reumatismos. Baño maría Procedemento para quentar algo contido nun recipiente, metendo este dentro doutro máis grande con auga. Fixo un flan ao baño maría. Baño turco Baño realizado con vapor. Gústalle máis o baño turco ca a sauna. Cuarto de baño Baño (acepción 4). Necesito ir ao cuarto de baño. Traxe de baño VÉXASE traxe

baño
Audio 1

baño2 substantivo masculino Historia Prisión onde os musulmáns encerraban os cativos. Cervantes estivo encerrado nos baños de Alxer.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!