balanza
Audio 1

balanza substantivo feminino1 Instrumento destinado a pesar obxectos que consta de dous brazos iguais, que deben quedar en equilibrio ao colocar nun o obxecto que se pesa e no outro pesos de determinado valor. Os dous pratos da balanza.2 por extensión Calquera instrumento para pesar. A romana é unha balanza. Hoxe en día hai balanzas electrónicas. CONFRÓNTESE báscula3 Astronomía Constelación do zodíaco situada no hemisferio celeste austral, entre as de Virxe e Escorpión. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Balanza está formada por estrelas non moi brillantes. Forma menos recomendable: libra4 Signo zodiacal das persoas nacidas entre o vinte e un ou vinte e tres de setembro e o vinte ou vinte e tres de outubro. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula A Balanza é o sétimo signo do zodíaco para os astrólogos. Forma menos recomendable: libra substantivo5 Persoa que naceu baixo este signo. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción é invariable en plural Se fai os anos o día de san Miguel é un balanza. Forma menos recomendable: libra FRASES E EXPRESIÓNS CON balanza Balanza de pagamentos Economía Comparación entre o produto das exportacións e os gastos nas importacións. O país tiña unha balanza de pagamentos deficitaria. Equilibrar a balanza Facer que o resultado de dúas cousas sexa semellante. Utilizaron a información para equilibrar a balanza entre a oferta e a demanda. Inclinar a balanza Favorecer unha opción fronte a outra. O feito de xogar na casa pode inclinar a balanza a favor do equipo local.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!