banco
Audio 1

banco substantivo masculino1 Asento de madeira, pedra ou outro material, con ou sen respaldo, que se sostén sobre patas ou soportes. Sentámonos nun banco do xardín.2 Mesa dotada con diversos mecanismos sobre a que se realizan os traballos dun oficio. Banco de carpinteiro. Banco de tascar.3 Lugar que ocupan os acusados nun xuízo. Sentou no banco por unha acusación de agresión. SINÓNIMO banco dos acusados4 Lugar que ocupan os xogadores suplentes durante un partido. Saíron facer exercicios de quecemento todos os xogadores do banco.5 Entidade financeira, estatal ou privada, que se dedica a comerciar co diñeiro que recibe en depósito dos seus clientes, á concesión de créditos etc. Ingresei os cartos no banco.6 Establecemento sanitario onde se recollen e conservan órganos, tecidos ou fluídos para usos médicos. Banco de ollos. Banco de sangue.7 Acumulación de area ou grava no leito dun río ou no litoral, que ocasiona a elevación do fondo e constitúe un perigo para a navegación. O buque encallou nun banco de area. CONFRÓNTESE baixío8 Conxunto de peixes dunha mesma especie que van xuntos en gran número, como as sardiñas ou os atúns. Un banco de xurelos. SINÓNIMOS banco de peixe, bandada, cardume, manda2 CONFRÓNTESE armeiro1, fieiro, mansío, xara2 FRASES E EXPRESIÓNS CON banco Banco de datos Conxunto de información almacenada por medios informáticos. Tiveron que realizar varias consultas no banco de datos. Banco de néboa Néboa espesa e localizada en zonas determinadas. Mañá haberá bancos de néboa ao longo do litoral. Banco de peixe Banco (acepción 8). O barco agardaba a descubrir un banco de peixes para largar as redes. Banco de probas Instalación onde se somete un aparello a probas para ver o seu funcionamento real. Banco de probas para motores. Banco de probas para válvulas. Banco dos acusados Banco (acepción 3). O que fora director da entidade hoxe está no banco dos acusados.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí