barba
Audio 1

barba substantivo feminino1 Conxunto de pelos que lle nacen na cara ao home despois da puberdade. Empezou a saírlle barba aos dezaseis anos.2 Conxunto destes pelos cando se deixan medrados ou se recortan de determinado xeito. Deixou barba.3 por extensión Guecho de pelo que teñen algúns animais no papo. Algunhas razas de can teñen barba. SINÓNIMOS beche, perilla4 Anatomía Parte da cara que está entre a boca e o pescozo, especialmente a punta en que termina. Levei un golpe na barba. SINÓNIMOS barbadela, barbarote, barbela, papo, queixelo, queixo25 Cada un dos filamentos das plumas das aves. Mollou as barbas da pluma na tinta e manchou o papel.6 Cada un dos filamentos que teñen certos peixes no bico. As barbadas e os barbos teñen barbas.7 Cada unha das láminas córneas que teñen as baleas na boca, pendentes do veo do padal, que fan de criba para reter os pequenos animais presentes na auga. As barbas das baleas foron moi utilizadas na industria. SINÓNIMO balea18 Conxunto dos filamentos da espiga do millo. OBSERVACIÓNS: Úsase tamén en plural referida a cada un dos filamentos As barbas do millo, primeiro amarelas, tórnanse louras ao maduraren. O millo medrou moito e as espigas xa botaron a barba. SINÓNIMOS barbela, barbuxa substantivo feminino plural9 Desigualdades que presenta o bordo do papel sen guillotinar. É frecuente que os libros antigos non teñan as barbas recortadas. FRASES E EXPRESIÓNS CON barba Barba cabreira Botánica (Tragopogon porrifolius) Planta da familia das compostas, de talo comprimido, follas longas e delgadas e flores de cor púrpura. A barba cabreira cultívase para aproveitar a súa raíz, que é de cor branca. Barba cerrada Barba mesta e forte. Con dezaoito anos xa tiña barba cerrada. SINÓNIMO barba pechada Barba florida Barba branca. Aloumiñaba a barba florida. Barba pechada Barba mesta e forte. Home de barba pechada, gustáballe vestir con elegancia. SINÓNIMO barba cerrada Barbas de raposo Botánica (Cuscuta epithymum) Planta da familia das convolvuláceas, de talos filiformes que forman unha masa de cor vermella acastañada e flores en glomérulos globosos, que vive nos toxos e xestas, aos que parasita. A xesta estaba inzada de barbas de raposo. SINÓNIMO gorga Facer a barba 1 Cortar a barba. Fago a barba todos os días despois de bañarme. SINÓNIMO afeitar 2 Amañar a barba. Cada quince días ía ao barbeiro a que lle fixese a barba e lla deixase ben marcada. Nas barbas (de alguén) coloquial Na súa presenza. Iso faino igual nas barbas de seus pais. Por barba Cada un, cada persoa. Tocamos a mil pesos por barba. SINÓNIMOS por cabeza, por persoa Subírselle ás barbas a (alguén) coloquial Tratar sen respecto, desafiar. Non deixes que os rapaces se che suban ás barbas. Verlle as barbas a (algo ou alguén) coloquial Presentarse diante de [algo ou alguén]. Tiveron que ir verlle as barbas á xustiza.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!