baril
Audio 1

baril adxectivo1 [Persoa] dotada de forza física e vigor, de boa saúde, capaz de realizar grandes esforzos físicos. Ao pouco presentáronse os fortes e barís cabaleiros. SINÓNIMOS forte, forzudo, recho2, recio, rexo, robusto, varudo, vigoroso ANTÓNIMOS débil, feble2 [Persoa] ben feita e proporcionada, de boa presenza, que resulta agradable tanto na aparencia física coma no trato. Impoñente, con gran maxestade entrou o baril cabaleiro. SINÓNIMOS aposto, gallardo, garboso, garrido, xentil1 CONFRÓNTESE esvelto, louzán3 [Persoa] que se comporta con ánimo e valor, sen temer os perigos nin as dificultades. Loitaron os cabaleiros máis fortes e barís. SINÓNIMOS arriscado, gallardo, valente, valoroso, varudo4 Que ten características nobres, que destaca polas súas calidades. Caste baril. Porte baril.5 [Persoa] que dá con facilidade do que ten, que é de bo corazón. É unha muller baril. SINÓNIMO xeneroso

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!