base
Audio 1

base substantivo feminino1 Elemento que lle serve de apoio a un corpo. A estatua está colocada sobre unha base de cemento.2 Parte inferior dun corpo sobre a que este descansa. Esa figura non se sostén de pé porque ten pouca base.3 Principio, elemento fundamental en que algo se apoia. Sentaron as bases do novo acordo. CONFRÓNTESE premisa O traballo foi a base da súa riqueza. CONFRÓNTESE alicerce, cimento, fundamento4 figurado Aquilo que serve de punto de partida a unha teoría, un razoamento, un principio etc. Expuxo unha teoría con bases sólidas.5 Arquitectura Parte inferior da columna sobre a que se apoia o fuste. A columna dórica carece de base.6 Lugar preparado para levar a cabo certas actividades, onde se avituallan certas expedicións etc. Os avións regresaron á base. Unha base na Antártida. Os alpinistas partiron da base moi cedo. Unha base naval. Unha base de lanzamento.7 Química Corpo capaz de neutralizar un ácido ao combinarse con el. Base alcalina.8 Matemáticas Liña ou plano sobre os que imaxinamos que descansa unha figura xeométrica. A base dun triángulo. A base dunha pirámide.9 Matemáticas Expresión numérica fixa que se multiplica por si mesma tantas veces como indica o expoñente. Na expresión 23, o dous é a base.10 Capa con que se recobre unha superficie antes de estender a definitiva. Unha base para o verniz das uñas.11 Conxunto dos membros sen cargo dunha organización política, sindical etc. OBSERVACIÓNS: Úsase xeralmente en plural O secretario xeral fixo un chamamento ás bases.12 figurado Principal, esencial. OBSERVACIÓNS: Posposto a un substantivo desempeña a función dun adxectivo Campamento base.13 Gramática Parte da palabra que permanece despois de eliminar prefixos e sufixos. Os prefixos son os afixos que engadimos antes da base. SINÓNIMOS radical, raíz14 Deporte Cada unha das catro esquinas que forman un campo de béisbol e que deben de ocupar os xogadores para conseguir unha carreira. Foi eliminado por pisar a base. substantivo feminino plural15 Normas que regulan un concurso, competición etc. Todos os participantes tiñan as bases do concurso. substantivo16 Deporte Xogador dun equipo de baloncesto, xeralmente o de menor altura, que se ocupa de dirixir o xogo. O base indicou a xogada que ía facer o equipo. FRASES E EXPRESIÓNS CON base A base de locución preposicional Con predominio de ou utilizando principalmente [algo]. Unha alimentación a base de proteínas. Triunfou a base de traballo. Base do cranio Anatomía Parte inferior da estrutura ósea do cranio formada polos ósos occipital e temporais. A base do cranio está dividida en fosas. Base de datos Informática Conxunto de datos relacionados entre si aos que se pode acceder por medio dun programa especializado. Traballa moito con bases de datos. Base impoñible Economía Valoración monetaria de algo que se somete a tributo e á que se lle aplica unha porcentaxe para determinar a cota que se ten que pagar. A base impoñible do imposto sobre a renda. Base liquidable Economía Resultado de aplicar sobre a base impoñible as reducións ou deducións establecidas. As cantidades achegadas para os plans de pensións téñense en conta para calcular a base liquidable. De base Pertencente ao grupo de persoas sen cargo en certas organizacións. Militante de base. Lei de bases VÉXASE lei1 Salario base VÉXASE salarioVoz actualizada 2018-02-27 12:13:45 Modificouse a definición da acepción 9

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!