bater
Conxugar
Audio 1

bater /verbos/bater.html verbo transitivo1 Facer chocar con violencia. Bateu o boneco contra a parede.2 Axitar enerxicamente [algo, especialmente as ás]. Os paxaros baten as ás. A porta non quedou ben pechada e batíaa o vento.3 Remover ou revolver enerxicamente [unha substancia]. Bate os ovos para facer unha tortilla.4 Ser superior a [un adversario] ou máis poderoso ca el. O exército inimigo foi batido polos novos valorosos soldados. O equipo local bateu o equipo visitante. SINÓNIMOS derrotar, vencer5 Percorrer [un terreo] en busca de caza ou de xente escondida. Bateron os montes e non foron quen de atopalo.6 Acuñar [moeda]. Batían todas as moedas en cobre. verbo intransitivo7 Dar golpes nunha cousa ou persoa. Non batas cos pés no chan. SINÓNIMO petar Bateron nel tanto, que case o matan. SINÓNIMOS bourar, mallar1, mazar, petar Bateulle no lombo cun pau. SINÓNIMOS atizar, pegar, petar, zorregar, zoscar, zumbar, zurrar8(bater con) Ir dar un golpe contra algo. Caeu e bateu coa cabeza no chan. SINÓNIMO topar9(bater con) Atopar algo ou a alguén casualmente. A que non sabes con quen fun bater na porta do cine? SINÓNIMOS afociñar, tropezar10 [Cousa] dar golpes fortes e repetidos contra algo. O mar bate contra as pedras. Moito bate a auga nesta parede da casa.11 [Corazón ou arterias] moverse contraéndose e dilatándose a intervalos regulares. Xa sinto bater as cordas do corazón. SINÓNIMOS latexar, palpitar verbo pronominal12 [Persoa] enfrontarse con outra ou outras. Bateuse co marqués por unha cuestión de honor. FRASES E EXPRESIÓNS CON bater Bater as mans VÉXASE man Bater cos pés no cu VÉXASE Bater dente con dente VÉXASE dente Bater en ferro frío VÉXASE ferro Bater nunha porta Pedir axuda ou colaboración. Andou batendo en moitas portas, sen resultado positivo. Bater os dentes VÉXASE dente Bater o zoco VÉXASE zoco Baterse en retirada VÉXASE retirada Ir bater a Chegar a un lugar. Por onde queda a casa do Pataqueiro? –Se colles por ese camiño da dereita, vas bater dereitiño a ela.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí