beira
Audio 1

beira substantivo feminino1 Parte ou zona situada no extremo dunha cousa ou que constitúe o seu límite con outra cousa. Nas beiras dos ríos medran as árbores. SINÓNIMOS marxe, ribeira Ía andando pola beiriña da rúa. SINÓNIMOS bordo, marxe, orela, ourela CONFRÓNTESE lado2 Cada unha das lousas que forman un beirado. O vento levantou as beiras do tellado. FRASES E EXPRESIÓNS CON beira Á beira Ao lado. Senta aquí á miña beira. Á beira de locución preposicional 1 Nas inmediacións de, nun lugar próximo a. Ponte aquí á beira do lume. SINÓNIMOS a carón de, ao lado de, ao pé de, a son de, beira de, de carón de, onda2, xunta2, xunto a 2 Nun momento próximo a. Chegaron á beira da noite. 3Aproximadamente Ten á beira dos oitenta. Beira de locución preposicional Á beira de. Ponte beira da avoa e dálle de comer. Facer as beiras 1 Tratar de namorar unha persoa. Faille as beiras á filla do carniceiro. SINÓNIMOS cortexar, facer a corte, facer o amor, galantear 2 Engaiolar para tratar de conseguir algo. Ándalle facendo as beiras para que o deixe ir de cámping cos amigos. Gardar as beiras Andar arredor de alguén ou algo. Os mozos gardábanlles as beiras ás rapazas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!