beneficio
Audio 1

beneficio substantivo masculino1 Aquilo que favorece, que mellora o estado ou a situación dunha persoa ou dunha cousa. A instalación do teléfono foi un beneficio para o lugar. A chuvia, no momento adecuado, é un beneficio para a agricultura. SINÓNIMO ben ANTÓNIMOS dano, mal1, prexuízo Deixémoslle o beneficio da dúbida.2 Mellora da situación ou do estado dunha persoa ou cousa. Ao enfermo fíxolle moito beneficio o cambio de clima. SINÓNIMO ben ANTÓNIMOS dano, mal1, prexuízo Que beneficio esperas sacar da situación? SINÓNIMO proveito ANTÓNIMOS dano, mal1, prexuízo3 Diñeiro ou outro ben material que produce unha empresa, un capital, unha operación comercial etc., despois de descontar os gastos. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción úsase con máis frecuencia en plural Cerrou a tenda porque non lle daba beneficios. SINÓNIMO ganancia ANTÓNIMO perda CONFRÓNTESE lucro, rédito, renda2, xuro FRASES E EXPRESIÓNS CON beneficio A beneficio de Para favorecer ou beneficiar a, para proveito de. Un festival a beneficio dos enfermos de sida. SINÓNIMOS en beneficio de, en favor de A beneficio de inventario locución adverbial 1 Dereito Acolléndose ao beneficio de inventario. A aceptación a beneficio de inventario debe facerse ante un notario ou un xuíz, e implica a obriga de facer un inventario. 2 Baixo reserva de verificación. Non se pode ser constitucionalista de quita e pon, a tempo parcial, nin a beneficio de inventario. Non se pode ser constitucionalista de quita e pon, a tempo parcial, nin a beneficio de inventario. Beneficio de inventario Dereito Facultade que ten o herdeiro de aceptar unha herdanza limitando a responsabilidade polas cargas desta ao valor dos bens hereditarios, sen que estea obrigado a responder en ningún caso con bens propios. O avogado recomendoulle a aceptación da herdanza a beneficio de inventario para que as débedas non afectasen o seu patrimonio persoal. Beneficio eclesiástico Cargo que a Igrexa confire canonicamente, ao que vai anexa unha renda. As rendas dos beneficios eclesiásticos adoitaban estar baseadas en impostos coma os décimos. Beneficios penais Dereito Mecanismo que permite reducir o tempo que un condenado debe pasar na prisión. Non tiña posibilidade de acollerse aos beneficios penais previstos na lei. En beneficio de A beneficio de. Unha poxa en beneficio dos damnificados.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!