bo, boa
Audio 1
Audio 2
Audio 3

bo (feminino: boa) adxectivo1 [Persoa, cousa] que reúne as calidades necesarias ou convenientes para algo. É un bo zapateiro. Merquei uns coitelos moi bos. ANTÓNIMOS malo, mao2 [Persoa] que destaca nalgunha actividade. Ficharon un porteiro moi bo. É moi bo en debuxo.3 Que convén, que vai ben para o que se expresa. As cinco é boa hora para a entrevista. Ese é un bo sitio para descansar. ANTÓNIMOS malo, mao4 Que non presenta dificultades para o que se expresa. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción vai seguido da preposición de É unha persoa moi boa de convencer. Un traballo bo de facer. SINÓNIMOS doado, fácil ANTÓNIMOS malo, mao5 Que é agradable aos sentidos. Hoxe a comida estaba moi boa. Os caraveis teñen bo cheiro. ANTÓNIMOS malo, mao6 Que se comporta como debe. Os nenos foron bos, non me deron traballo en toda a tarde. ANTÓNIMOS malo, mao7 Que fai ben aos demais. É unha boa persoa.8 [Cousa] que produce un efecto beneficioso. Felicitárona pola súa boa acción.9 De gran cantidade, intensidade, importancia etc. Deulle unha boa tunda. Gana un bo xornal.10 [Cousa] que destaca pola súa calidade. Fun ao cine porque poñían unha boa película.11 [Cousa] auténtica, que é realmente o que se expresa. O colar sae barato porque as perlas non son boas.12 [Persoa] de aspecto agradable ou que resulta atractiva. No Castro hai boas mozas. substantivo masculino13 Aquilo que reúne boas calidades. Non sabe recoñecer o bo.14 Persoa que fai ben aos demais. Os bos e xenerosos. substantivo feminino15 Acción xeralmente negativa e de importancia. Fixéchesme unha boa deixándome en ridículo. FRASES E EXPRESIÓNS CON bo Bo é (foi, ...) que Afortunadamente, por sorte. Caeu o tellado e bo foi que non quedou ninguén debaixo. SINÓNIMO menos mal que Estar de boas Estar de bo humor. Seica non estás de boas? ANTÓNIMO estar de malas Facer bo de (alguén) Lograr que alguén abandone certos hábitos ou modos considerados malos e os adquira bos. OBSERVACIÓNS: Úsase máis comunmente en frases negativas Non hai quen faga bo dese rapaz. Moi boas Utilízase como saúdo. Moi boas desde Galicia. O bo de ... Utilízase para volver falar de alguén xa mencionado. Acabou casando co bo do xastre. Polas boas Sen necesidade de usar a forza ou a violencia. Veu polas boas, non houbo que tomar outras medidas. polas malas Poñer bo (a alguén) Reprendelo ou criticalo severamente. A súa nai púxoo bo, non lle han quedar ganas de volvelo facer. SINÓNIMO pór bo Pór bo (a alguén) Poñer bo. Cando te vexa teu pai vaite pór bo. Un bo día Un día calquera. Un bo día apareceu pola porta. Vaiche boa 1 Expresa que hai unha gran diferenza entre o que se di e o que realmente é ou dá máis énfase a unha valoración. Vaiche boa!, non teñen comparación! 2 Úsase para expresar que algo ocorreu hai moito tempo. Vaiche boa diso.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí