boca
Audio 1

boca substantivo feminino1 Abertura que comunica co aparato dixestivo e coas vías respiratorias nalgúns animais e que, no home, está situada na parte inferior da cara, arrodeada polos labios. O coidado da boca.2 por extensión Conxunto dos dous labios. Deulle un beixo na boca.3 Cavidade situada detrás dos labios, en que está a lingua, os dentes etc. O dentista pedíalle que abrise ben a boca.4 Sabor ou gusto dun viño. O camareiro aconsellounos un viño con moita boca.5 figurado Cada unha das persoas ou animais aos que hai que manter. Son moitas bocas a comer na casa.6 Comunicación ou transmisión oral. Publicou contos recollidos da boca da xente.7 Buraco ou abertura que pon en comunicación o interior de algo e o exterior. A boca do metro. A boca do forno.8 Lugar onde comeza unha ría. O barco afundiuse na boca da ría.9 Parte dunha ferramenta coa que se realiza a acción para a que está destinada. Cómpre encaixar ben a boca do desaparafusador na cabeza do parafuso. Apedrou a boca da fouce.10 Zooloxía Pinza con que remata cada unha das patas dianteiras dos crustáceos. Os lumbrigantes que viamos no acuario tiñan unhas bocas enormes. SINÓNIMO tenaces FRASES E EXPRESIÓNS CON boca Abrir a boca 1Bocexar Abres moito a boca, tes sono ou estás aburrido? 2 Pronunciar palabras, expresando mediante elas o pensamento. Non abriu a boca en toda a mañá. SINÓNIMO falar1 Abrirse a bocaBocexar A estas horas, xa se me abre a boca coa fame. Andar con (algo) sempre na boca Falar continuamente de algo. Anda coas súas coitas sempre na boca, non che fala doutra cousa. Andar de boca en boca Ser a cousa da que fala moita xente. Non se fala doutro asunto no lugar, anda de boca en boca. Andar na boca da xente Ser criticado polos demais. Non quero andar na boca da xente. SINÓNIMOS andar na boca do mundo, andar nas falas Andar na boca do mundo Andar na boca da xente. Desde que se arrimou, anda na boca do mundo. Boca abaixo Co corpo tendido tumbado sobre o ventre. Ordenáronnos que nos tirásemos ao chan boca abaixo. Boca a boca 1 Respiración boca a boca. Salvoulle a vida ao seu sobriño facéndolle o boca a boca na beirarrúa. 2 Técnica de transmisión de información, xeralmente por medios verbais, dunha maneira persoal e informal. A única publicidade que temos é o boca a boca dos nosos clientes. Boca arriba Co corpo tendido tumbado sobre o dorso. Póñase boca arriba na padiola para que o examine o doutor. Boca calada En silencio, sen falar. Abonda de comentarios, boca calada! Boca do estómago 1 popularEpigastrio Sente unha forte dor na boca do estómago. 2 popularCardia A presenza da sonda provocáballe unha relaxación da boca do estómago. Boca do inferno Lugar ou momento totalmente escuro. Nesta noite que está coma a boca do inferno non imos atopar o camiño. Botar lume pola boca VÉXASE lume Calar a boca 1 Non falar dun asunto. Se non queredes que se saiba é mellor calarmos a boca. 2 Deixar de falar. Calade a boca un pouco. Ceo da boca VÉXASE ceo Coa boca aberta Moi sorprendido sen saber que dicir. A noticia deixounos coa boca aberta. Coa boca pequena Sen atreverse a dicir algo abertamente. Non aprobaban as súas prácticas, pero só se atrevían a condenalo coa boca pequena. Coma boca de lobo Totalmente escuro. Pola noite estaban as rúas coma boca de lobo. De boca en boca Comunicando algo unha persoa a outra. O asunto andaba de boca en boca. Deixar coa boca aberta Causar sorpresa. A súa resposta fóra de ton deixounos coa boca aberta. Facerse auga na boca VÉXASE auga Falar pola boca de (alguén) Dicir as opinións doutra persoa, non as propias. Fala pola boca do seu home, ela non diría iso. Gardar a boca Non tomar comidas que prexudiquen. A pesar do que lle dixo o médico, non é quen de gardar a boca. Levar á bocaComer Non tiñan nada que levar á boca. Mételle o dedo na boca! Expresión irónica coa que se quere dicir que unha persoa non é parva. Fíate, fíate e mételle o dedo na boca! Pano de boca VÉXASE pano Poñer na boca de (alguén) Atribuírlle a alguén algo que se dixo. Puxo na boca do médico as indicacións que lle deu ao rapaz. Quedar coa boca dun palmo Quedar moi sorprendido. Quedei coa boca dun palmo diante daquela atrocidade. Quitar (algo) da boca (a alguén) Anticiparse a unha persoa en dicir algo. Quitáchesme as palabras da boca, non o podería dicir mellor! SINÓNIMOS sacar da boca, tirar da boca Quitar a comida da boca Privarse de algo en beneficio doutro. Polos fillos era capaz de quitar a comida da boca. SINÓNIMOS sacar a comida da boca, tirar a comida da boca Respiración boca a boca Tipo de respiración na que se aplica a boca sobre a doutra persoa para introducirlle aire. Deitárono boca arriba e fixéronlle a respiración boca a boca para reanimalo. Sacar da boca Quitar da boca. Xusto cando nolo ía dicir, chegou seu irmán e sacoullo da boca. Sacar a comida da boca Quitar a comida da boca. Non che era moi sacrificado, pero polos seus sacaba a comida da boca. Ser de boa boca Comer de todo. Non é que non sexan de boa boca, é que non teñen gana de comer. SINÓNIMOS ser de bo dente, ter boa boca, ter bo dente Taparlle a boca (a alguén) Dicirlle algo que o faga calar. Con dúas cousas que lle diga xa lle tapo a boca. Ter boa boca Ser de boa boca. Ten boa boca, non hai cousa que non lle guste. Tirar da boca Quitar da boca. Esa proposta era a que ía facer eu, tiráchesma da boca. Tirar a comida da boca Quitar a comida da boca. Coitada, polos rapaces tira a comida da boca. Virlle (a alguén) algo á bocaOcorrérselle Non podes dicir continuamente o primeiro que che veña á boca. Virse a auga á boca VÉXASE auga

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí