boi
Audio 1

boi substantivo masculino1 Touro castrado, que se emprega como animal de tiro. Poñer os bois ao carro.2 Touro semental. Hai que levar a vaca ao boi. SINÓNIMOS almallo, boi de parada, boi de posto3 (Cancer pagurus) Crustáceo mariño da orde dos decápodos, de cacho groso de forma ovada e superficie pouco rugosa, dotado de grosas pinzas no primeiro par de patas, de cor entre rosa e castaña no dorso e tirando a branca no ventre. Mercou unhas nécoras e dous bois para a cea desta noite. SINÓNIMOS boi de mar, esqueiro2, isqueiro FRASES E EXPRESIÓNS CON boi A paso de boi VÉXASE paso1 Boi de mar (Cancer pagurus) Crustáceo mariño da orde dos decápodos, de cacho groso de forma ovada e superficie pouco rugosa, dotado de grosas pinzas no primeiro par de patas, de cor entre rosa e castaña no dorso e tirando a branca no ventre. Os bois de mar e as centolas xa están cocidos. Boi de palla Home sen malicia, moi bondadoso e de carácter apracible. Fai del o que quere, é un boi de palla. Boi de parada Touro semental. Tiñan un boi de parada para botarlles ás vacas. Boi de posto Touro semental. Deixaron un becerro ben feito para boi de posto. Ollo de boi VÉXASE ollo Ollo de boi mariño VÉXASE ollo Ollo de boi vidal VÉXASE ollo Poñer o carro diante dos bois VÉXASE carro Saber con que bois se ara Coñecer as persoas coas que un se relaciona. Non me vou guiar por ti, que ben sei con que bois aro.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!